30/10/07

"Kafka y la muñeca viajera" de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura


La obra del escritor barcelonés Jordi Sierra i Fabra ven de gañar o premio que outorga aualmente o Ministerio de Cultura á mellor creación de Literatura Infantil e Xuvenil.

Trátase dun relato inspirado nun episodio real que tivo lugar no último ano de vida do escritor alemán Franz Kafka. Cando unha tarde o escritor, xa enfermo, paseaba por un parque de Berlín, atopou a unha nena que choraba desconsolada pola perda da súa moneca. Franz decide entón aliviar a súa pena contándolle que a moneca saiu de viaxe para coñecer mundo e que el, un "carteiro de monecas" lle entregaría a carta que deixou para ela explicando o porqué da súa marcha. É unha historia tenra e moi fermosa.

O libro foi editado por Siruela e ilustrado por Pep Montserrat.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN