23/10/07

EXPOCOMIC-2007

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar a nosa biblioteca preparou unha exposición sobre un xénero pouco valorado pero moi apreciado polos rapaces e rapazas, o cómic.
Podedes visitala e coñecer todas as novidades que temos para vos este novo curso, cómic para todas as idades e de todos os xéneros (super-heroes, humor, aventuras, novela gráfica, clásicos e modernos, para ler nun rato ou en varios días).
Ademáis, hoxe visitounos Jacobo Fernández Serrano, un ilustrador e comiqueiro galego que fixo as delicias dos cativos ensinándolles a debuxar aos seus personaxes favoritos e a utilizar distintos tipos de bocadillos e onomatopeas nas súas propias creacións.

1 comentario:

  1. Ola, Marmota
    Estou impresionada co traballo que se fai na biblioteca do CPI San Vicente. Seguro que o alumnado quedou encantado coa visita de Jacobo Fernández e máis dun rapaz ou rapaza empezou a pensar no seu futuro no cómic e a ilustración. Noraboa e a seguir traballando!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN